AS MELLORES APRENDIZAXES SON AS QUE ATRAVESAN O CORPO E CHEGAN Á ALMA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.
Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.
¡¡¡ARRANCAMOS!!!

lunes, 12 de diciembre de 2011

CHEGOU O NADAL A DEÁN!!!

Xa estamos en Decembro,o mes da ilusión, das luces o por suposto da árbore de nadal!!!!










Como todos os anos, e entre todos, poñemos a nosa árbore de nadal á entrada do cole.

A nos o que nos gusta é poñerlle todo o que temos nas caixas, que non falte de nada!
Aquí o último toque e....

BO NADAL FAMILIAS!!!!!

miércoles, 30 de noviembre de 2011

BOMBÓNS DE MAGOSTO!!

A semá pasada, con motivo de celebrar o magosto, preparamos para as nosas familias uns bombóns de chocolate que están boísimos!!! O primeiro é pelar os cacahuetes...


Derretimos o chocolate, e botámoslle cereales e os cacahuetes pelados



 


 Unha vez que está listo remexemos todo moi ben e coa axuda de 2 cucharas e moito coidade imos poñendo os "bombóns" en papel de aluminio.
Este foi o resultado final, esperamos que vos gustasen!!!un saúdo!!

miércoles, 23 de noviembre de 2011

UNHA CASTAÑA MOI ESPECIAL!

 Estamos preparando un contiño diferente, é sobre unha castaña e está escrito no seu propio ourizo!!




O primeiro foi pintar unha parte...
Preparamos as viñetas e decoramos o fondo... 
E sólo nos faltaba moldear e pintar á nosa protagonista: A CASTAÑA 

Ahora hai que xuntar todo, esperemos que nos salga ben e xa o levamos para casab cando esté listo. Un saúdo familias!!!

lunes, 21 de noviembre de 2011

MOVÉMONOS?


Como sabedes os Martes temos psicomotricidade, e gústanos un montón.
 Aquí estamos xogando ó xogo de terra, mar e aire

 



Este día xogamos coas picas, foron bastóns, cabalos, mandos de coches, fixemos agrupamentos por cores... 

Ata logo!!!!

jueves, 17 de noviembre de 2011

CARACOLTAÑA!!


Estamos en tempo de magosto, en tempo de castañas e de outono, e nos fixemos o nosa particular mezacla de todo con estes animaliños!! 
  

 A nosa maleta máxica trouxonos un montón de castañas...

Logo collimos plasti e fixemos un corpiño longo de caracol








hai que facelo con moito coidado e...
e unha folla para que descanse a gusto!!! xa os temos na entrada do noso cole!un saúdo

lunes, 7 de noviembre de 2011

SAMAÍN!!!

 Fai xa uns días que fixemos a festa do samaín!!


Pasámolo estupendamente con todas as familias que poideron asistir!


 
Traballamos moito para que todo estivera a punto para a festa... 







Tamén estivemos preparando 2 cancións: Dentro del castillo e o Papón, que nos sairon tremendamente ben!

 Tivemos ó público entregado...






Logo como todos os anos estivemos disfrutando de ter ás familias con nós, maquilláronnos e compartimos xogos.

Moitas gracias por todo!!!!!

jueves, 3 de noviembre de 2011

TALLER DE CABACIÑAS!!

A semana pasada fixemos unha actividade conxunta coas familias que resoltou ser estupenda: un taller de cabaciñas para a anosa festa do samaín.








Tivemos moita sorte porque saíu o sol e poidemos estar fóra, estábase dun ben... 

 Viñeron axudarnos moitas mamás, e tamén algunha irmá pequecha, e entre todos fixemos unhas cabaciñas preciosas!!

Moitas gracias familias por estar sempre dispostas a axudar!!!!