AS MELLORES APRENDIZAXES SON AS QUE ATRAVESAN O CORPO E CHEGAN Á ALMA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.
Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.
¡¡¡ARRANCAMOS!!!

jueves, 27 de octubre de 2011

UHHHHHH CHEGA O SAMAÍN!!!

Recordade que mañá facemos a primeira festa deste curso: O SAMAÍN.Estamos encantados porque van a vir de visita as familias e poderemos darlles algún que outro sustiño. 



 Como vedes estivemos traballando moito esta semana, pintando, cantando, bailando...

Ata mañá entón, que durmades ben....uhhhhhhhhhhhhh

miércoles, 26 de octubre de 2011

UNHA REDE ATRAPA-COELLOS


Cando comezamos este proxecto unhas das actividades propostas polos nenos foi construir unha rede para ver si cazábamos ó coello...despois de pensar un pouco este foi o resultado






 Repartimos 2 cachiños de lá a cada neno e nena

Logo con moito coidado e usando as liñas das baldosas colocamos todos os fios, primerio en vertical e logo en horizontal


Que concentrados!!!


Cando estivo lista eu púxenlle unha gotiña de silicona e A CAZAR!!!

martes, 25 de octubre de 2011

PAN TUMACA!!

Como nos tivo tan boa pinta o tomatiño que lle puxemos ó noso coello, decidimos facer unha receta de cociña que levase tomate: PAN TUMACA
O primeiro que hai que facer é untar o tomate na rebanada

Hai que ter coidadiño de non romper o pan...

 



 Despois poñemos enriba do pan un pouco de aceite



E cando está todo listo......A COMER!!!

jueves, 20 de octubre de 2011

CONSTRUIMOS UN TOBO?


A pena que temos é que soamente podemos ver a entrada do tobo do coello pero non sabemos que hai por dentro. Houbo algún neno que dixo que está feito con túneles e que incluso pode ser que pasen por debaixo do noso cole...como queremos visualizar un pouco esto imos facer os nosos propios túneles, imos aló!!


 


 Fumos xuntando rollos de papel hixiénico e facendo diferentes formas






 Algúns parecían letras!!
Despois debuxámolo nunha cartulina e xa temos o noso tobo na clase!! tamén lle dibuxamos os coelliños dentro. Un saúdo!!!

miércoles, 19 de octubre de 2011

PENSAMOS QUE É UN COELLO!!!


Cando tiramos da cordiña para ver si comera ou non quedamos abraiados porque ademáis de comer deixounos unhas marcas preciosas duns dentes que semellan os de un coello, mirade!!!
Ademáis o tobo é como os dos coellos e tamén nos dixeron algúns papás e mamás que hai un montón polo paseo de coroso e como o noso cole está xusto na beiriña do mar pois igual é un coello medio despistado. Un bico!!

PROBARÁ O TOMATE?

Hoxe imos deixarlle un
tomate...comerá?


PÍNTAME ARTISTA

Para seguir avanzando no desenvolvemento do esquema corporal fixemos unha actividade que nos gustou moito: convertirnos en pintores e modelos!!!


Por turnos íamos poñéndonos ó lado do noso pintor, sen mandilón para que poidera ver ben todos o detalles claro!!

 tamén lles dábamos algún conselliño...
o de ser modelo é un pouco cansando...


pero todos quedamos moi contentos co resultado

Somos uns artistas!!!!

SEGUIMOS INVESTIGANDO NO NOSO BURATO...

Pois aquí seguimos moi ilusionados co noso amiguiño do patio. Todos os días imos mirar si hai novidades e tamén lle poñemos algo de comer. Estamos facendo un rexistro cos alimentos que lle botamos e si os come ou non.


A cenoria papouna todiña, imos ver que pasa con esta leituga...

TEMOS NOVO BLOG

Ola familias!!por problemiñas técnicos tiven que cambiar de blog, ahora somos os Peques de Deán e estamos dispostos a que veñades de visita por esta fiestriña sempre que queirades. Un bico!!!