AS MELLORES APRENDIZAXES SON AS QUE ATRAVESAN O CORPO E CHEGAN Á ALMA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.
Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.
¡¡¡ARRANCAMOS!!!

martes, 25 de octubre de 2011

PAN TUMACA!!

Como nos tivo tan boa pinta o tomatiño que lle puxemos ó noso coello, decidimos facer unha receta de cociña que levase tomate: PAN TUMACA
O primeiro que hai que facer é untar o tomate na rebanada

Hai que ter coidadiño de non romper o pan...

 



 Despois poñemos enriba do pan un pouco de aceite



E cando está todo listo......A COMER!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario