AS MELLORES APRENDIZAXES SON AS QUE ATRAVESAN O CORPO E CHEGAN Á ALMA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.
Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.
¡¡¡ARRANCAMOS!!!

miércoles, 19 de octubre de 2011

SEGUIMOS INVESTIGANDO NO NOSO BURATO...

Pois aquí seguimos moi ilusionados co noso amiguiño do patio. Todos os días imos mirar si hai novidades e tamén lle poñemos algo de comer. Estamos facendo un rexistro cos alimentos que lle botamos e si os come ou non.


A cenoria papouna todiña, imos ver que pasa con esta leituga...

No hay comentarios:

Publicar un comentario