AS MELLORES APRENDIZAXES SON AS QUE ATRAVESAN O CORPO E CHEGAN Á ALMA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.
Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.
¡¡¡ARRANCAMOS!!!

jueves, 14 de junio de 2012

A NOSA FORTIFICACIÓN!!

Así nos está quedando a nosa fortificación, temos un rastrillo para os inimigos...


un foso cheo de animais perigosos

unha torre da homenaxe para os señores do castelo

e unhas murallas ben solidas como protección!!

miércoles, 13 de junio de 2012

ATOPÁMOLO NA RÚA...

É unha estupenda caixa dunha lavadora que imos empregar para construir un torreón...



 en canto rematemos imos facerlle unha porta e ventás, xa veredes que chulo nos queda!!
Un saúdo familias!!

miércoles, 6 de junio de 2012

Construíndo o noso castelo!

Pouco a pouco o noso cole estáse convertindo nunha fortificación medieval, e polo tanto necesitamos unha torre da homenaxe (onde vivían os reis e as princesas e príncipes) e por suposto un foso que nos sirva de protección.



Esta é a entrada ó noso castelo, aínda nos faltan algúns detalles pero de momento temos o principal para estar protexidos.



Como sabedes nos fosos poden vivir animais perigosos que asusten ós inimigos, por iso estivemos debuxando un montón de animais que logo pegaremos nel.