AS MELLORES APRENDIZAXES SON AS QUE ATRAVESAN O CORPO E CHEGAN Á ALMA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.
Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.
¡¡¡ARRANCAMOS!!!

miércoles, 30 de mayo de 2012

PRÍNCIPES E PRINCESAS!

Estamos na recta final do curso, e éstes nosos nenos e nenas decidiron que queren aprender sobre príncipes, princesas, castelos, madrastras...
Imos alá!!!!

lunes, 28 de mayo de 2012

FESTA FIN DE PROXECTO!

Xa rematamos o noso proxecto de medo e estes nenos e nenas que son tan festeiros querían facer un remate de proxecto por todo o alto!!!





Algúns trouxeron o disfraz de casa...


e ós que non tiñan fíxenlles un en un periquete...



un pouco de maquillaxe e listos!!

miércoles, 16 de mayo de 2012

BRUXIÑAS E BRUXIÑOS!!!

Gústannos moito as bruxas e os bruxos e por iso fixemos a nosa propia variña máxica!!






hai que ter moito coidado con eles, que te convirten en sapo en menos de nada...



Un saúdo meus nenos e nenas máxicos!!

martes, 15 de mayo de 2012

LA CUEVA TENEBROSAAAAA

 O de ter medo á oscuridade é algo moi xeralizado por eso construimos na nosa clase unha cova tenebrosaaa.....
Trouxemos tamén linternas da casa, e así entre risas e xogos imos descubrindo que en realidade na escuridade non hai nada do que teñamos que asustarnos.


A nós encántanos a nosa cova, inda que esté chea de fantasmas e monstros!!

lunes, 14 de mayo de 2012

O NOSO CASTILLO

 Moitas das personaxes que nos dan medo viven en castillos, como os fantasmas, os morcegos, as bruxas...e para adentrarnos en ese mundo construimos a noso propio castillo dentro da aula!! 

Tiñamos guardias na entrada que pedían unha contraseña ós visitantes...mirade que serios!

Os visitantes facían unha longa viaxe, tiñan que atravesar clases e despachos perigosos e por último pasar por unha ponte, con coidado de non caer ós crocodrilos...

E por suposto tamén tíñamos un rei e unha reina con garda persoal, que había que saudar. Finalmente invitáronnos a un baile do que non hai fotos porque a fotógrafa (eu) tamén estaba convidada!!

Un saúdo!!