AS MELLORES APRENDIZAXES SON AS QUE ATRAVESAN O CORPO E CHEGAN Á ALMA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.
Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.
¡¡¡ARRANCAMOS!!!

viernes, 27 de enero de 2012

MOVEMENTO BAIXO O SOL!!

Como xa sabedes os Martes temos psicomotricidade e como estes últimos días estiveron tan bos, saimos ó patio a xogar un pouco!!

Con estes días é fantástico sair ó sol!
Coidado que vos pillan!!!

jueves, 26 de enero de 2012

IMOS DE PASEO


Hai uns cantos días que fixemos a primeira saída deste curso...PASÁMOLO PIPA!!


Como saímos bastante cedo a pasarela do paseo estaba recuberta de xeo, encantounos ir colléndoa, inda que se derretía enseguida




Paramos a coller forzas cun pouco chocolate mentras disfrutábamos das vistas de Ribeira!
E pasámolo moi ben no monte, escalando, buscando tesouros, xogando a dinosaurios...
 Merendamos tranquilamente no parque do paseo


 E logo a xogar, que facía un día espléndido!!
Disfrutamos moito todos, eu a primeira, da gusto ir con eles de excursión! Ata pronto

jueves, 19 de enero de 2012

SEGUIMOS A TRAER INFORMACIÓN!!



 Realmente estalles a encantar este proxecto, non paran de falar de dinosaurios todo o día, e encántalles mirar os contos!!
Moitas gracias familias pola axuda!!








Un saúdo!

CHEGAN OS DINOSAURIOS AGRRRRRRR

 Dende fai unha semana o cole estase enchendo de dinosaurios, contos, libros, películas e toda clase de información relativa a estes animais.

É un tema moi interesante para os peques e por iso decidiron que querían aprender máis sobre eles. De todas formas xa saben moito, máis do que eu pensaba, e que estes nenos e nenas son moi listos!!!

De momento andamos recabando información, e por iso trouxeron todo este material á aula. cada día miramos o noso recuncho do proxecto, leemos algo dos libros ou miramos un trozo de video.


Eles están encantados, e eu tamén!!! un saúdo!!

jueves, 12 de enero de 2012

miércoles, 11 de enero de 2012

TALLER DE CADENETAS

Mirade como traballaron para preparar o festival de nadal. Fixeron un montón de cadenetas de colores que logo serviron para decorar a aula. Un saúdo!!

SETAS POR AQUÍ E POR ALÁ

Ola familias!! quero ensinarvos o gran interese que suscitan as setas para os nosos peques
Antes das vacacións de nadal, Lino, trouxonos un montón de setas ó cole que puxemos nunha bandexa clasificándoas por tamaños.
 Como vedes mirámolas con moito coidado porque se rompen facilmente e tamén descubrimos que hai setas que é mellor non tocar porque son venenosas e poden facernos mal, agora nós xa sabemos distinguir cales son, parécense moito ás dos pitufos!!









Imos aproveitar a excursión de mañá para ver si vemos algunha outra!
Un saúdo!!!