AS MELLORES APRENDIZAXES SON AS QUE ATRAVESAN O CORPO E CHEGAN Á ALMA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.
Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.
¡¡¡ARRANCAMOS!!!

miércoles, 11 de enero de 2012

SETAS POR AQUÍ E POR ALÁ

Ola familias!! quero ensinarvos o gran interese que suscitan as setas para os nosos peques
Antes das vacacións de nadal, Lino, trouxonos un montón de setas ó cole que puxemos nunha bandexa clasificándoas por tamaños.
 Como vedes mirámolas con moito coidado porque se rompen facilmente e tamén descubrimos que hai setas que é mellor non tocar porque son venenosas e poden facernos mal, agora nós xa sabemos distinguir cales son, parécense moito ás dos pitufos!!









Imos aproveitar a excursión de mañá para ver si vemos algunha outra!
Un saúdo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario