AS MELLORES APRENDIZAXES SON AS QUE ATRAVESAN O CORPO E CHEGAN Á ALMA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.
Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.
¡¡¡ARRANCAMOS!!!

miércoles, 25 de abril de 2012

UNHA DE BRUXAS

En realidade da un pouco de medo, pero esa é a gracia, desde logo ós nenos e nenas encántalles!!

AI QUE MEDO!!!

Ola familias!! xa fai unha semana que comezamos con un novo proxecto: TODOS TEMOS ALGÚN MEDO. Creo que estamos no momento ideal para expresar o que sentimos, os nosos temores, que nos asusta... e así falando entre todos, facer que sexan máis lixeiriños. É así, preguntando, resulta que nos asustan as bruxas, a escuridade, o lobo feroz, os fantasmas, as tormentas, os monstros e os dragóns de komodo ( estes tamén me asustan a min ).
Polo de momento estivemos aprendendo algunha canción sobre bruxas e fixemos a nosa bruxiña para levar para casa.











Moito coidado con elas, que son especialistas en asustar a papás e mamás!!

miércoles, 11 de abril de 2012

SOMOS UNS ARTISTAS

"Algunos círculos" de Kandinsky foi a obra de arte que traballamos no 2º trimestre. Elexina pola sinxeleza e a  cor da mesma e porque evoca moitas ideas nos nenos, as súas respostas á pregunta de que hay no cadro foron: estrelas, meteoritos, bolas de fuego, un universo...

Nós fixemos 2 versións do cadro, unha mediante estampación de tapóns de diferente tamaño e outra pegando circulos tamén de diferente tamaño según o noso criterio.




 Gustounos moito esta actividade porque podíamos pintar da cor que nos elexiramos e da maneira que nós decidíamos, creando así a nosa obra de arte, igualiño que Kandinsky.


E estes foron os resultados, realmente bonito. Un saúdo!!!

REMATAMOS O PROXECTO DOS DINOSAURIOS!!!

Como xa sabedes o 2º trimestre estivo dedicado plenamente ó estudio dos dinosaurios, nunca un proxecto nos tivera tan cautivados como este.


Fixemos un montón de actividades, decoramos a clase recreando o hábitat xurásico, elaboramos un libro donde recollíamos todo o que íamos aprendendo pero sobretodo, e o máis importante, disfrutamos de cada descubrimento e involucrámonos en todo o proceso. 



Na actividade que vedes estivemos debuxando por equipos as dimensións de un dinosaurio no patio do colexio. 1º eleximos un dinosaurio, logo buscamos no libro as medidas e coa axuda duns metros e unhas tizas fomos debuxandoos. Eran ENOOORMESSSS!!!!