AS MELLORES APRENDIZAXES SON AS QUE ATRAVESAN O CORPO E CHEGAN Á ALMA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.
Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.
¡¡¡ARRANCAMOS!!!

miércoles, 25 de abril de 2012

AI QUE MEDO!!!

Ola familias!! xa fai unha semana que comezamos con un novo proxecto: TODOS TEMOS ALGÚN MEDO. Creo que estamos no momento ideal para expresar o que sentimos, os nosos temores, que nos asusta... e así falando entre todos, facer que sexan máis lixeiriños. É así, preguntando, resulta que nos asustan as bruxas, a escuridade, o lobo feroz, os fantasmas, as tormentas, os monstros e os dragóns de komodo ( estes tamén me asustan a min ).
Polo de momento estivemos aprendendo algunha canción sobre bruxas e fixemos a nosa bruxiña para levar para casa.











Moito coidado con elas, que son especialistas en asustar a papás e mamás!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario