AS MELLORES APRENDIZAXES SON AS QUE ATRAVESAN O CORPO E CHEGAN Á ALMA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.
Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.
¡¡¡ARRANCAMOS!!!

jueves, 26 de enero de 2012

IMOS DE PASEO


Hai uns cantos días que fixemos a primeira saída deste curso...PASÁMOLO PIPA!!


Como saímos bastante cedo a pasarela do paseo estaba recuberta de xeo, encantounos ir colléndoa, inda que se derretía enseguida




Paramos a coller forzas cun pouco chocolate mentras disfrutábamos das vistas de Ribeira!
E pasámolo moi ben no monte, escalando, buscando tesouros, xogando a dinosaurios...
 Merendamos tranquilamente no parque do paseo


 E logo a xogar, que facía un día espléndido!!
Disfrutamos moito todos, eu a primeira, da gusto ir con eles de excursión! Ata pronto

1 comentario:

  1. Encántame o voso paseo, da gusto ter un cole tan cerquiña do mar. E o máis importante es que estes pequechos disfrutaron do lindo.

    Un saúdo, Sabela (cole de Valeixe)

    ResponderEliminar