AS MELLORES APRENDIZAXES SON AS QUE ATRAVESAN O CORPO E CHEGAN Á ALMA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.
Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.
¡¡¡ARRANCAMOS!!!

jueves, 19 de enero de 2012

CHEGAN OS DINOSAURIOS AGRRRRRRR

 Dende fai unha semana o cole estase enchendo de dinosaurios, contos, libros, películas e toda clase de información relativa a estes animais.

É un tema moi interesante para os peques e por iso decidiron que querían aprender máis sobre eles. De todas formas xa saben moito, máis do que eu pensaba, e que estes nenos e nenas son moi listos!!!

De momento andamos recabando información, e por iso trouxeron todo este material á aula. cada día miramos o noso recuncho do proxecto, leemos algo dos libros ou miramos un trozo de video.


Eles están encantados, e eu tamén!!! un saúdo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario