AS MELLORES APRENDIZAXES SON AS QUE ATRAVESAN O CORPO E CHEGAN Á ALMA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.
Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.
¡¡¡ARRANCAMOS!!!

miércoles, 6 de junio de 2012

Construíndo o noso castelo!

Pouco a pouco o noso cole estáse convertindo nunha fortificación medieval, e polo tanto necesitamos unha torre da homenaxe (onde vivían os reis e as princesas e príncipes) e por suposto un foso que nos sirva de protección.



Esta é a entrada ó noso castelo, aínda nos faltan algúns detalles pero de momento temos o principal para estar protexidos.



Como sabedes nos fosos poden vivir animais perigosos que asusten ós inimigos, por iso estivemos debuxando un montón de animais que logo pegaremos nel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario