AS MELLORES APRENDIZAXES SON AS QUE ATRAVESAN O CORPO E CHEGAN Á ALMA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.
Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.
¡¡¡ARRANCAMOS!!!

miércoles, 26 de octubre de 2011

UNHA REDE ATRAPA-COELLOS


Cando comezamos este proxecto unhas das actividades propostas polos nenos foi construir unha rede para ver si cazábamos ó coello...despois de pensar un pouco este foi o resultado






 Repartimos 2 cachiños de lá a cada neno e nena

Logo con moito coidado e usando as liñas das baldosas colocamos todos os fios, primerio en vertical e logo en horizontal


Que concentrados!!!


Cando estivo lista eu púxenlle unha gotiña de silicona e A CAZAR!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario