AS MELLORES APRENDIZAXES SON AS QUE ATRAVESAN O CORPO E CHEGAN Á ALMA

¡Aquí estamos! somos os nenos e nenas da E.E.I Deán Grande, en Ribeira.
Formamos entre todos un bo equipo, os máis pequerrechos contan sempre coa axuda e atención dos maiores, que xa son uns expertos e expertas en esto de vir ó cole, e pola súa banda os maiores empápanse coa ilusión e fantasía dos recén chegados, creando así un clima de alegría cada día. Inda que non saen en estas fotos, o grupo non funcionaría sen a implicación das profes Paula, Tania e Eva e a colaboración das familias que aportan e comparten con nós un montón de experiencias positivas.
¡¡¡ARRANCAMOS!!!

jueves, 1 de marzo de 2012

QUE TEMOS PARA COMER???

Os dinosaurios pódense clasificar en terópodos ( carnívoros ) ou saurópodos ( herbívoros ), e como nós non queremos que pasen fame estivemos buscándolle comida nuns folletos de alimentos...


Non pensedes que foi tarefa doada, había que pensar si lle gustaría e logo con moito coidado recortar e gardar a imaxe

Entre todos logo xuntamos un montón de comida rica, rica (ésta vez para os carnívoros) e logo as estrelas montaron un mural para a clase con todo ben detallado.

 Mirade que atentos todos!! estaban decíndonos os nomes dos alimentos, polo, peixe, calamares, costilla.... de todo!!
Coidado que veñen....e teñen fame!!!!


ÑAM - ÑAM

No hay comentarios:

Publicar un comentario